VISITA do alumnado do Grao de Xeografía e Historia ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense

O día 19 de febreiro o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) recibiu unha visita guiada dirixida a estudantes de Metodoloxía da Historia, unha materia do segundo curso do Grao de Xeografía e Historia que se imparte na Facultade de Historia de Ourense.
Estas visitas teñen por finalidade poñer en contacto ao alumnado coas fontes primarias da Historia. O enfoque axustouse ao programa da materia, de xeito que os estudantes captasen a potencialidade informativa dos distintos fondos documentais segundo a aplicación de distintas metodoloxías historiográficas.
Como se adoita facer nesta actividade, informouse dos servizos que oferta o AHPOu, cales son as funcións dun arquivo histórico provincial e fíxose unha introdución xeral ao contido dos seus fondos documentais a través da mostra  de documentos representativos das épocas medieval, moderna e contemporánea.