Aviso

Data de publicación: 09-10-2020

CONDICIÓNS DOS SERVIZOS DO AHPOu

Debido ás actuais circunstancias sanitarias e para garantir a saúde das persoas lembramos as condicións de servizo do AHPOu:

- Os servizos prestaranse de maneira presencial ou por vía telemática, previa solicitude telefónica (988788228) ou por correo electrónico (arq.prov.ourense@xunta.gal.

- Dadas as limitacións de aforo que establecen as mencionadas medidas para a CONSULTA PRESENCIAL é precisa CITA PREVIA solicitada polas vías arriba indicadas.

- Poderanse consultar un máximo de 10 unidades por día

- Os usuarios deberán:

     - Portar documento que acredite a súa identidade
     - Traer máscara propia
     - Facer hixiene de mans (o Arquivo conta con desinfectantes ao efecto)
     - Manter a distancia de seguridade
     - Vir provistas do material necesario para a toma de datos (lapis, papel …)