Actualidade

Inauguración da exposición "O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense"

Data de publicación: 12-06-2015
O pasado día 9 de xuño, con motivo do Día Internacional dos Arquivos, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense inaugurou a exposición O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense.
A exposición permanecerá aberta do 9 de xuño ao 9 de outubro.
Horario de apertura ao público:
- Mañáns: 11:00 a 13:00 h
- Tardes: 17:30 a 19:30 h
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

VISITA do alumnado do Grao de Xeografía e Historia ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense recibiu unha visita de estudantes da materia Metodoloxía da Historia
O alumnado puido coñecer a potencialidade informativa dos distintos fondos documentais do Arquivo segundo a aplicación de distintas metodoloxías historiográficas.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense presentou un novo capítulo de "As viaxes do Capitán Gardador"

Data de publicación: 09-10-2014
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense presentou o pasado 7 de outubro unha nova entrega das "Viaxes do Capitán Gardador"  titulada "O Padre Feijoo: o pensamento vivo dun ilustrado ourensán".
De novo, o capitán Baldriz móstranos as posibilidades que ofrece o patrimonio documental, non só como unha fonte para a investigación histórica, senón como como aventura ao alcance de todos, como como unha viaxe ao pasado a través de documentos de distintas épocas.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Exposicións

O padre Feijoo: o pensamento vivo dun ilustrado ourensán

Con motivo do 250 aniversario do pasamento do Padre Feijoo, (Oviedo, 26 de setembro de 1764) o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu), organizou unha exposición coa que se puxo de relevo a influencia do legado intelectual deste monxe beneditino no pensamento español dos últimos séculos.

Benito Jerónimo Feijoo  
nacera 87 anos antes (8/10/1676) en Casdemiro (Melias, Pereiro de Aguiar) no seo dunha familia fidalga aveciñada na vila de Allariz (Ourense). A figura deste sabio ilustrado concita hoxe, como onte, unánime admiración e respecto e a súa obra goza de gran popularidade dende que comezou a publicarse na primeira metade do século XVIII.

Na exposición poideron contemplarse varios exemplares de edicións antigas do "Teatro Crítico Universal" e das "Cartas Eruditas" conservados na biblioteca do AHPOu, exemplos do pensamento crítico moderno e que se consideran iniciadoras da Ilustración española. Tamén se mostraron outros documentos de interese cos que conta o AHPOu relacionados con aspectos da súa vida ou referente ás homenaxes que lle tributou a cidade de Ourense nos anos durante os séculos XIX e XX.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense

Esta mostra pretende divulgar o patrimonio documental herdado dos conventos ourensáns da Orde Franciscana, un legado pouco coñecido que permite reconstruír o pasado destas comunidades e recuperar a memoria da súa dilatada presencia na cidade de Ourense, nas vilas de Allariz, Monterrei e Ribadavia e no lugar de Trandeiras (Xinzo de Limia). 

 

A mostra divídese en sete expositores con documentos de distintos fondos do AHPOu que reflicten a pegada franciscana na provincia: a fundación dos seus conventos, a súa importancia social e actividades durante os séculos XIII a XIX, a exclaustración e desamortización do XIX, a restauración dalgunhas comunidades a finais dese século e principios do XX e o legado arquitectónico.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Arquivo Aberto

Arquivo Aberto foi concibida como unha idea dirixida a achegar o patrimonio documental e os arquivos á sociedade. Materializouse nunha carpeta divulgativa e nunha exposición itinerante nas que se reproducen, contextualizados historicamente, algúns dos documentos máis representativos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu). Agora, os seus contidos tamén son accesibles a través do Portal de Arquivos de Galicia.
 
Ademais de procurar que un público amplo se asome ao pasado a través dos documentos históricos, Arquivo Aberto ten por finalidade dar a coñecer aos cidadáns os servizos que oferta o AHPOu e animalos a que fagan uso deles. Con ese fin se explican cales son as funcións dun arquivo histórico provincial e se enumeran os máis de 200 fondos e coleccións que se custodian neste centro, con indicación das datas e volume de cada un deles. Trátase dun riquísimo conxunto de fondos de gran variedade tipolóxica entre os que destacan os 153 de orixe privada (familias e persoas, asociacións, empresas e institucións relixiosas), que fan do AHPOu o arquivo galego máis rico neste tipo de fondos, depositario dunha sobranceira parte do patrimonio documental da provincia de Ourense.
 
Para acceder á exposición virtual prema en Ler máis
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Publicacións

Nº 50. 250 aniversario do Padre Feijoo (I): vida do sabio de Casdemiro

A partir dun gravado do pazo de Casdemiro, lugar de nacemento do Padre Feijoo, faise unha aproximación á vida e obra do monxe ilustrado e aos documentos que se conservan no AHPOu relativos á súa figura. Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis
AutorArquivo Histórico Provincial de Ourense Ano de publicación2014
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 49. Os arquivos de empresa (II): Hijos de Simeón García y Cía

Dúas cartas comerciais procedentes do fondo da Sociedade Mercantil Hijos de Simeón García y Cía de Orense permíten apreciar o valor deste arquivo para coñecer o papel que desempeñaron os almacenistas-banqueiros no desenvolvemento económico da Galicia da segunda metade do século XIX e primeira metade do XX.
 
Simeón García foi o caso máis exitoso deste tipo de empresarios establecidos nas cidades galegas dende mediados do século XIX e o fondo da sociedade radicada en Ourense é un valioso testemuño para o estudo da actividade empresarial desenvolvida nesta provincia.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 48. Os arquivos de empresa (I)

Na primeira entrega dos números dedicados aos arquivos de empresa ofrecemos unha panorámica xeral dos fondos deste tipo conservados no AHPOu que nos dan testemuño de actividades comerciais, financeiras, industriais e tipográficas. Ilustran algúns aspectos do desenvolvemento económico da provincia durante os séculos XIX e XX, caracterizado por unha débil e tardía incorporación á economía capitalista. Trátase dun grupo de fondos de especial valor se se ten en conta a súa escaseza nos arquivos históricos.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn