O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos,  dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

O Arquivo abre 12 horas diarias e presta servizo a toda clase de usuarios, que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

Ten a súa sede no antigo palacio espiscopal.