Fondos bibliográficos

A biblioteca auxiliar do Arquivo Histórico Provincial de Ourense está especializada en Historia, Arquivística, Dereito e Ciencias sociais. É accesible mediante catálogos convencionais e base de datos na sede do arquivo. Pódese acceder así mesmo ao seu catálogo de forma remota por medio da páxina web da Rede de bibliotecas de Galicia.

Participa na Rede de bibliotecas de Galicia, sistema coordinado dos centros bibliotecarios incluídos no sistema bibliotecario de Galicia. Forman parte da rede os centros bibliotecarios dependentes directamente da consellería competente na materia de cultura así como todas as bibliotecas de titularidade pública ou privada, incluídas as bibliotecas itinerantes de préstamo, que se comprometan a colaborar nos obxectivos de mellora do sistema bibliotecario que se perseguen coa dita rede.