CAMIÑOS DE IGUALDADE: A LOITA DAS MULLERES POLO DEREITO Á EDUCACIÓN.

Data de publicación: 08-03-2016

O Instituto de Pontevedra.

É neste contexto onde se inserta o fondo documental do Instituto de Pontevedra, custodiado no Arquivo Histórico Provincial (AHPPo).

Aínda que foi solicitada a súa creación polo propio Concello, en 1845, o seu principal provedor e responsable foi a Deputación. Pronto se converteu nunha importante institución educativa tanto da cidade como da provincia, ofrecendo tanto educación de bacharelato como da escola de formación de mestras.

O fondo conservase hoxe en día en dous lugares:

. Instituto Sánchez Cantón, con documentación desde 1845.

. AHPPo. Anos 1886-1945.

Contén documentación sobre o Instituto de Educación Secundaria de Pontevedra e sobre a Escola Normal de Mestres/as. Custodia tamén información sobre os Institutos de Tui e A Estrada. Consta de 427 u. i., clasificadas en Libros de Actas de Exames e Expedientes de Alumnos/as.

Exponse nesta nova diversos exemplares de exptes. de alumnas, tanto do Instituto de Pontevedra (anos 1891-1893, 1916-20) como da Escola Normal de Mestras (anos 1916-19).

Polo momento atopáronse 14 exptes. de alumnas, de procedencia tanto da provincia pontevedresa (Vilagarcía de Arousa , Vigo, Tui, A Estrada, Valga, Poio, Moraña...) como do resto de Galicia (Santiago de Compostela, Sarria...) e incluso algunha de León.

Estudan o mesmo que os seus compañeiros varóns, obtendo, en xeral, sobresaíntes e matrículas de honor.

É este fondo unha mostra mais dese proceso de busca de integración e igualdade da muller na sociedade a través da educación, no coñecemento de que a educación é un dos piares fundamentais para a consecución da emancipación feminina e que a igualdade tamén repercute nun mellor desenvolvemento económico, social e cultural dun pais.



 

Nota: O noso agradecemento ao investigador Sr. J. M. Sarmiento Alonso por toda a axuda prestada na elaboración desta nova.