Servizos

Servizos

Consulta

O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación da mesma. A sala de consulta dispón de 20 postos para investigadores/as.

Biblioteca Auxiliar

O Arquivo conta cunha biblioteca auxiliar especializada en arquivística, fontes documentais, historia, sobre todo local e provincial, e ciencias auxiliares, cun número superior aos 5.000 volumes de monografías, 1.295 folletos e máis de 400 títulos de publicacións seriadas.

Reprografía

Poden solicitarse fotocopias simples, copias compulsadas e/o certificadas, así como copias en formato dixital da documentación custodiada no Arquivo, sempre que a normativa e as condicións da súa conservación o permitan. A reprodución axustase ás taxas e prezos públicos estipulados pola Xunta de Galicia.

Lectores de microfilme

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra dispón de lectores de microfilme para a consulta dos documentos conservados en microfilme ou microficha, nos que os/as usuarios/as poden facer directamente as fotocopias das imaxes que desexen.