Actualidade

8 de marzo, Día Internacional da Muller

CAMIÑOS DE IGUALDADE: A LOITA DA MULLER POLA INTEGRACIÓN DA FIGURA FEMININA EN ÁMBITOS PROPIOS DO XÉNERO MASCULINO. AS MATADORAS.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Día Internacional dos Arquivos

Cada 9 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Arquivos para conmemorar a creación nesa data do Consello Internacional de Arquivos (ICA).

Esta organización non gobernamental, fundada baixo os auspicios da UNESCO, promove a conservación e uso dos arquivos en todo o mundo.

No Día dos Arquivos estas institucións fan un esforzo especial para difundir os seus fondos coa organización de distintas actividades destinadas a divulgar o patrimonio documental e concienciar á sociedade do seu valor, en tanto que piar da memoria colectiva. A

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase tamén a esta celebración anual para destacar a importancia estratéxica dos arquivos e dos profesionais que os atenden para avanzar na eficiencia e na transparencia das administracións públicas, así como para a conservación e posta en valor do patrimonio cultural.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

CAMIÑOS DE IGUALDADE: A LOITA DAS MULLERES POLO DEREITO Á EDUCACIÓN.

Data de publicación: 08-03-2016

O acceso da muller á educación nos séculos XVIII-XIX: O Instituto de Pontevedra.

Na revolución protagonizada pola muller de cara a conseguir a súa emancipación inclúese o seu largo, lento e dificultoso proceso de incorporación á rede educativa escolar nos séculos XVIII-XIX, dentro da busca dun novo rol da muller nunha nova sociedade.

Estas mulleres, pertencentes a estratos sociais privilexiados, tiñan desexos dunha formación profesional encamiñada a conseguir un traballo futuro. Considéranse capaces de estudar e desenvolver actividades que ata o momento lles estaban vedadas por seren mulleres.

Avance destacable neste sentido é a incorporación das mulleres aos Institutos de Ensino Secundario, Escolas Normais de Mestras e Universidades.

Durante o século XIX creceu significativamente o número de mulleres matriculadas en estudios medios e superiores. En xeral, ao principio houbo poucas mulleres matriculadas en bacharelato, pero ano a ano aumentou o seu número, plasmándose ademais en brillantes resultados académicos.

Considerando que o maxisterio era a cúspide á que unha muller podía conseguir tanto académica como socialmente, o Instituto de Pontevedra, ao permitir estudar as mulleres, foi moi importante na súa loita polo acceso á formación.



 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn