Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo

O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo é o primeiro arquivo da administración autonómica de Galicia creado para recibir os documentos da administración periférica. Depende organicamente da Delegación Territorial de Lugo, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e funcionalmente da  Subdirección de Arquivos,  dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Para desenvolver as súas funcións o arquivo dispón na actualidade, polo que respecta aos espazos e locais, de 70m2 de oficina e tres locais nos sotos que contan cun total de 3.700 metros de andeis. Os usuarios principais deste arquivo son as oficinas produtoras que poden consultar os seus documentos dende o mesmo momento da transferencia.

Ten a súa sede no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.