Actualidade

Día Internacional dos Arquivos no Arquivo Territorial de Pontevedra

Cada 9 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Arquivos para conmemorar a creación nesa data do Consello Internacional de Arquivos (ICA).

Esta organización non gobernamental, fundada baixo os auspicios da UNESCO, promove a conservación e uso dos arquivos en todo o mundo.

No Día dos Arquivos estas institucións fan un esforzo especial para difundir os seus fondos coa organización de distintas actividades destinadas a divulgar o patrimonio documental e concienciar á sociedade do seu valor, en tanto que piar da memoria colectiva.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase tamén a esta celebración anual para destacar a importancia estratéxica dos arquivos e dos profesionais que os atenden para avanzar na eficiencia e na transparencia das administracións públicas, así como para a conservación e posta en valor do patrimonio cultural.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Actualización do CADRO DE CLASIFICACIÓN do Arquivo Territorial

Data de publicación: 13-02-2014

O cadro de clasificación é unha ferramenta imprescindible para a organización dos documentos que se xeran e reciben en toda institución.

O do arquivo pódese consultar no apartado FONDOS.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra ven de publicar a MEMORIA ANUAL 2013

Data de publicación: 11-02-2014

Está dispoñible en formato pdf no apartado  SERVIZOS - DESCARGAS da web oficial do Arquivo.

Nela recóllense as principais actividades da organización durante o ano 2013.

Preténdese facer unha análise para determinar o traballo desenvolvido e os obxectivos conseguidos durante este período.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn