O Arquivo de Galicia custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da Comunidade. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión.

Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Foi inaugurado en xaneiro de 2011.

Ten a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia,  situada no monte Gaiás de Santiago de Compostela.