O Arquivo Histórico Provincial  de Lugo é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo e funcionalmente da Subdirección de Arquivos,  dentro da  Secretaría Xeral de Cultura

Actualmente custodia uns 18.000 m. de documentación, procedente de todos os ámbitos e sectores da provincia. Presta servizo ao público, á administración e aos investigadores.

Ten a súa sede nun edificio funcional situado na rúa Cambria,  nas proximidades do casco vello da cidade.