O Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Vigo xorde como un servizo común para recibir os documentos dos diferentes departamentos da  administración periférica da Xunta de Galicia en Vigo. Depende organicamente da  Delegación Territorial de Pontevedra, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e funcionalmente da Subdirección de Arquivos,  dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Dispón dun total de 7100 m de andeis e ofrece servizo de préstamo e consulta ás unidades que xeraron a documentación e aos cidadáns, de acordo coa lexislación vixente.

Ten a súa sede no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.