A custodia da documentación estaba vinculada, nun primeiro momento a figura do secretario. Este concello ten persoal específico (bibliotecaria-arquiveira) que se encarga da súa xestión. O arquivo atópase na casa do concello. Consta de dous depósitos. Un deles atópase na planta baixa da casa consistorial onde está depositada a documentación de maior consulta. No baixocubera existe outro depósito sin acondicionar, só con estanterías de madeira.