Non se ten constancia do arquivo como oficina municipal, a custodia da documentación estaba vinculada a figura do Secretario. En 1956 acométense obras para evitar o derrube da casa consistorial e no ano 1967 acondicionase o primeiro andar para vivenda do Secretario. A actual casa do concello construíuse en 1980 e inaugurouse en 1982. A documentación tivo que trasladarse a outra ubicación temporal mentres duraban as obras. Unha vez rematas as obras de ampliación a documentación distribuíuse polas diferentes oficinas e a máis antiga gardouse no faiado da casa consistorial. Será en 1999 canso se acondicione un espazo para o arquivo do concello, na planta baixo cuberta da casa do concello. Ademais contan con dous depósitos máis pequenos a maiores no soto e na planta baixa.