O fondo do Arquivo municipal de Beariz abrangue unha variada documentación que vai dende o ano 1899 a actualidade. Consérvanse tanto os fondos propios da xestión do Concello como a documentación de caracter histórico.

O fondo reflicte unhas carencias moi notorias. Non conserva documentación anterior ao século XX, agás algunhas unidades documentais pertencentes a ordenanzas municipais coa data de 1899. E, a documentación de inicios de século amosa unhas series moi fragmentadas, con grandes saltos cronolóxicos, non existindo unha linealidade neste senso ata a década dos cincuenta. Casos paradigmáticos son a documentación pertencente a subsección de Quintas, ou a documentación pertencente a sección de Facenda, normalmente ben custodiadas e conservadas noutros concellos e neste caso cunhas datas de inicio moi recentes, de 1952 e 1935 respectivamente.