Figuran aquí os sitios web ou unha información básica de diversos arquivos de Galicia agrupados por provincias. Todos os arquivos dependentes da Xunta contan coa súa propia páxina web. Aquí ofrécese unha ligazón directa a ese sitio, así como os datos básicos de cada un dos arquivos.

A información que se proporciona en relación cos restantes centros varía: desde os datos básicos sobre os arquivos municipais organizados nas diferentes campañas impulsadas desde os servizos técnicos da Consellería de Cultura ata a ligazón directa co sitio web do arquivo ou, de ser o caso, da institución ou entidade da que este depende.
No caso dos arquivos municipais da provincia de Pontevedra, organizados pola Deputación daquela provincia en colaboración coa Xunta de Galicia, accédese directamente á información proporcionada pola institución provincial.