Figuran aquí os sitios web ou unha información básica de diversos arquivos de Galicia. Constitúen unha agrupación de seu os arquivos adheridos ao Sistema de Información de Arquivos de Galicia (SIAG), accesibles mediante un sistema de xestión documental común.

Todos os arquivos dependentes da Xunta contan coa súa propia páxina web. Esta sección ofrece unha ligazón directa a ese sitio, así como os datos básicos de cada un dos arquivos.

A información que se proporciona en relación cos restantes centros varía: desde os datos básicos sobre os arquivos municipais organizados nas diferentes campañas impulsadas desde os servizos técnicos da Consellería de Cultura ata a ligazón directa co sitio web do arquivo ou, de ser o caso, da institución ou entidade da que este depende.

No caso dos arquivos municipais da provincia de Pontevedra, organizados pola Deputación daquela provincia en colaboración coa Xunta de Galicia, accédese directamente á información proporcionada pola institución provincial.