Axudas

Axudas aos arquivos galegos. Convocatoria de 2017

A Secretaría xeral de Cultura publica no DOG do 11 de abril a Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de aquivos.

Estas axudas teñen como obxectivo promover a protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio documental e arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos. A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Dixitalización de pergamiños do Arquivo Histórico Universitario de Santiago

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Universidade de Santiago de Compostela na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 2.000€.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización dos fondos documentais da Fundación Luis Tilve

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Luis Tilve na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.979,78€.

Os traballos consistiron na organización da documentación de organizacións obreiras doadas por particulares ao Arquivo histórico do movemento obreiro da Fundación Luis Tilve, concretamente 50 unidades de instalación de 1903 a 2013.

Trátase de documentos da UGT-Galicia e das federacións e unións comarcais dela dependentes, especialmente a Federación de Traballadores da Ensinanza e a Unión Comarcal da Coruña, así como documentación do PSdeG-PSOE e agrupacións provinciais, comarcais e locais.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Dixitalización de fondos documentais do concello de Ribeira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Ribeira na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 1.989,50€. Os traballos consistiron na dixitalización de 29 libros de actas, de 1917 a 1960, instalados en 5 unidades de instalación.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn