- Beneficiarios:

Universidades, entes locais e entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

- Obxecto:

Establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descripción de fondos documentais dos arquivos galegos según a metodoloxía arquivística.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

- Importe:

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento coarenta e cinco mil euros (145.000€) coa seguinte distribución por aplicacións presupostarias:

11.20.432A.744.4: 10.000€

11.20.432A.760.0: 100.000€

11.20.432A.781.0: 35.000€

- Prazo de presentación de solicitudes: Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.