Beneficiarios:

Os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. 

Obxecto: 

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos según a metodoloxía arquivística.

Importe: 

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento coarenta e cinco mil euros (145.000€) coa seguinte distribución:

- entes locais: 110.000€

- entidades privadas sen fin de lucro galegas: 35.000€ 

 

Prazo de presentación de solicitudes:

 

 

 

Un mes desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.