Beneficiarios:

1.Licenciados universitarios ou titulación equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.

2.Acreditación de dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial ou certificado Celga 3

3.Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dierección Xeral de Políticas Culturais, logo de iniciado o período de vixencia

4.Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde

5.Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego 

Obxecto:

 As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. 

Número de bolsas: 20 

Duración máxima: 6 meses. Poderanse prorrogar ata outros seis meses en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2020 e 2021. 

Importe bruto mensual de cada bolsa: 895,05€ 

Prazo de presentación de solicitudes: 

 

un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia