Axudas

Mellora dos arquivos universitarios, municipais e de entidades sen fin de lucro

En 2015, adxudicáronse a través desta liña de subvencións –dotada con 77.740 euros–, axudas para un total de 14 proxectos, entre os que se inclúen, xunto co da Fundación Rosalía de Castro, os presentados polas universidades da Coruña e de Santiago de Compostela, polos concellos de Arzúa, Ortigueira e Boimorto, polo Bispado de Tui-Vigo e polas fundacións Xaime Isla Couto, Penzol e Uxío Novoneyra.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Axudas en materia de arquivos

Publicación da Resolución no DOG (DOG núm. 6, de 12 de xaneiro de 2016)
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Ampliación do prazo para xustificar os proxectos

Publicada no DOG a Orde de 8 de setembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 177, do 16 de setembro de 2015).

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Axudas a arquivos galegos 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos para 2015, (Orde do 6 de marzo de 2015, dog núm. 55, do 23 de marzo de 2015).
A finalidade das axudas serán as actuacións que teñan por obxecto:
     1. Organización de fondos documentais
     2.  Mellora dos locais de arquivo
 
Os destinatarios son os arquivos das universidades, dos entes locais e das entidades sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 77 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.
 
Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións técnicas de arquivos dispoñibles no portal de arquivos de Galicia.
 
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente Orde no Diario Oficial de Galicia (DOG, nº 55, do 23 de marzo de 2015). O prazo remata o día 23 de abril de 2015.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn