Axudas

Organización do fondos documentais do concello de Coles

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Coles na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 5.000€. Os traballos consistiron no inventario de 567 unidades de instalación, entre 1845 e 2012. Podemos destacar os libros de actas do Pleno de 1904 a 2012, os Libros de actas de sesións das Xuntas locais de Educación de 1897 ou o Censo de edificios e vivendas de 1860 a 1959, e polo seu volume salientamos a serie dos Expedientes xerais de quintas de 1901 a 1995 ou a documentación de Facenda de 1845 a 2008.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización de fondos documentais da Sociedade Galega de Historia Natural

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Sociedade Galega de Historia Natural na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.800,00€. Os traballos consistiron na organización do Arquivo persoal do botánico Xabier Sóñora (1956-2016), cun volume aproximado de 2 metros lineais de diapositivas e documentos en varios formatos.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización de fondos documentais da Fundación Rosalía de Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Rosalía de Castro na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 3.968,80€. Os traballos consistiron na organización, descrición e instalación do Fondo “Ramón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Santaló”, composto por 445 documentos así como a continuación da organización e descrición do Fondo documental e fotográfico do arquivo da Fundación Rosalía de Castro. O Fondo documental do Arquivo formado por correspondencia, abrangue de 1971 a 1994 e a Colección fotográfica vai de 1940 a 1982.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización dos fondos documentais da Fundación Isla Couto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Isla Couto na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.997,99€. Os traballos consistiron na organización do Arquivo da Fundación Isla Couto, integrado polos fondos documentais e gráficos dos irmáns Ramiro e Xaime Isla Couto, persoeiros do galeguismo do século XX, cun volume estimado de 23 metros lineais. O Fondo Xaime Isla Couto abrangue os anos 1915-2012 e o Ramiro Isla Couto de 1896 a 1987. Dos fondos documentais podemos salientar a correspondencia con destacados persoeiros de diversas épocas de Ramón Otero Pedrayo ou Francisco Fernández del Riego a Xosé Luis Méndez Ferrín ou Xosé Manuel Beiras. Entre os documentos figurativos, atopamos fotografías, caricaturas, retratos...
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn