Axudas

Organización dos fondos documentais da Fundación Penzol

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Penzol na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 5.000,00€. Os traballos consistiron na organización do fondo “Xosé María Álvarez Blázquez”, unha das figuras máis polifacéticas e prolíficas da cultura galega durante a segunda metade do século XX. Narrador, poeta, ensaísta, editor, arqueólogo, xornalista.... adicouselle o ano 2008 o Día das Letra Galegas. Abrangue os anos 1604 a 1984, instalado en 54 unidades de instalación, organizada en fondo orgánico e fondos especiais. No primeiro podemos salientar a documentación produto da súa actividade profesional, destacando a relacionada coa Editorial Castrelos, da que foi fundador e nos fondos especiais, salientamos as coleccións de manuscritos e impresos dos séculos XVII, XVII e XIX.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización dos fondos documentais da Fundación Uxío Novoneyra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Uxío Novovneyra na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 2.165,60€. Os traballos consistiron na organización de 2,5 metros lineais de documentación (ao redor das ¾ partes do total). Trátase de documentos probatorios da actividade económica da Casa da Fonte ao longo do século XIX e nos primeiros anos do XX. Nunha segunda fase os traballos centráronse no sub fondo Neyra y Pol que comprende a documentación recollida pola Casa de Lousada entre principios do XVI e o XX.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización de fondos documentais do concello de Cerdido

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Cerdido na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.356€.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Organización de fondos documentais do concello de Cervo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Cervo na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.729,58€.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn