Exposicións

EXPOSICIÓN "PAISAXE E PATRIMONIO"

Data de inicio: 20-12-2016 Data de fin: 20-03-2017 Arquivo de Galicia

 

 

O Arquivo de Galicia organiza esta exposición, dentro do seu programa de difusión, para poñer o acento en que a paisaxe é, como os arquivos, un patrimonio a preservar.
 

A crecente preocupación pola paisaxe, quedou posta de relevo de forma especial a partir do ano 2000 en que se asina en Florencia o Convenio Europeo da Paisaxe, ratificado por España no ano 2007 e que é o xermolo da Lei 7/2008 de 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia. Por outra parte temos a recente aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, de 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia).

 

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Memorias de familia. O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia

Data de inicio: 18-06-2015 Data de fin: 09-09-2015 Arquivo de Galicia

O día 9 de xuño celébrase o Dia Internacional dos Arquivos. Un dos seus obxectivos é fomentar o coñecemento e divulgación dos arquivos en todo o mundo.

Por esta razón o Arquivo de Galicia elixiu para a conmemoración deste ano organizar unha exposición sobre o primeiro fondo documental privado recibido por doazón. Con isto quere dar cumprimento ao seu compromiso coa recuperación, conservación, tratamento técnico e difusión do patrimonio documental de Galicia tanto de orixe pública como privada, agradecer aos doadores a súa xenerosidade na cesión a un centro público dun patrimonio privado para disfrute de toda a sociedade e animar a outros propietarios a tomar exemplo destas iniciativas.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Emigrantes: terras, xentes, emocións

Data de inicio: 22-01-2016 Data de fin: 04-03-2016 Arquivo de Galicia

 

Propoñemos unha reflexión sobre a relevancia da emigración na sociedade galega a través do patrimonio documental, cunha mostra na que están presentes documentos dos séculos XVII ao XX procedentes dos diversos fondos de orixe pública e privada que se custodian no Arquivo de Galicia e dous álbumes de postais procedentes dunha colección particular.

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Actividades

Día Internacional dos Arquivos

Arquivo Territorial da Xunta en Pontevedra

 O 9 de xuño celébrase, promovido pola Unesco, o Día Internacional dos Arquivos.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase tamén a esta celebración anual para destacar a importancia estratéxica dos arquivos e dos profesionais que os atenden para avanzar na eficiencia e na transparencia das administracións públicas, así como para a conservación e posta en valor do patrimonio cultural.
 
Con este motivo, a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, anima aos arquivos galegos a promover iniciativas arredor desta data para lle achegar os arquivos ao público en xeral.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Obradoiros

Data de inicio: 05-03-2012 Data de fin: 30-04-2012 Arquivo Territorial da Xunta en Pontevedra
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Publicacións

Nº 50. 250 aniversario do Padre Feijoo (I): vida do sabio de Casdemiro

A partir dun gravado do pazo de Casdemiro, lugar de nacemento do Padre Feijoo, faise unha aproximación á vida e obra do monxe ilustrado e aos documentos que se conservan no AHPOu relativos á súa figura. Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis
Arquivo Histórico Provincial de Ourense AutorArquivo Histórico Provincial de Ourense Ano de publicación2014
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

GIL MERINO, Antonio. Archivo Histórico del Reino de Galicia. Guía del Investigador. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural, 1976

Arquivo do Reino de Galicia AutorAntonio Gil Merino ISBN84-369-0530-X Depósito legalM 18601-1976 EditorialMinisterio de Educación y Ciencia, Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural Ano de publicación1976

 

 

Reedición da Guía do Arquivo publicada polo seu autor por primeira vez en 1968.


 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 49. Os arquivos de empresa (II): Hijos de Simeón García y Cía

Dúas cartas comerciais procedentes do fondo da Sociedade Mercantil Hijos de Simeón García y Cía de Orense permíten apreciar o valor deste arquivo para coñecer o papel que desempeñaron os almacenistas-banqueiros no desenvolvemento económico da Galicia da segunda metade do século XIX e primeira metade do XX.
 
Simeón García foi o caso máis exitoso deste tipo de empresarios establecidos nas cidades galegas dende mediados do século XIX e o fondo da sociedade radicada en Ourense é un valioso testemuño para o estudo da actividade empresarial desenvolvida nesta provincia.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn