Exposicións

O arquivo de Galicia. O noso patrimonio

Data de inicio: 03-05-2014 Arquivo de Galicia

No ano 2014 inauguramos unha exposición na que, baixo o título O Arquivo de Galicia, o noso Patrimonio, amosabamos un conxunto de documentos para chamar a atención do público en xeral sobre a importancia dos arquivos e para dar a coñecer as funcións a eles encomendadas.

Na seguinte páxina podedes facer de novo o percorrido desta exposición.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Día Internacional da Muller 2017. Conflitividade laboral feminina na provincia da Coruña. 1938-1945

Arquivo do Reino de Galicia
Día Internacional da Muller 2017. Conflitividade laboral feminina na provincia da Coruña. 1938-1945

O 8 de marzo celébrase en moitos países o Día Internacional da Muller, instaurado
pola ONU en 1975, que reivindica tanto a igualdade para a muller traballadora como o
seu papel na sociedade. E dentro desa igualdade figura tamén a demanda da igualdade
salarial no mercado laboral para homes e mulleres.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

EXPOSICIÓN "PAISAXE E PATRIMONIO"

Arquivo de Galicia

 

Onte inauguramos no Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela) a exposición que percorre as paisaxes e o territorio de Galicia través de documentos custodiados no noso arquivo.

Velaí algúns momentos do acto na pantalla seguinte.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Letras galegas: mulleres en galego

Data de inicio: 17-05-2016 Data de fin: 31-12-2016 Arquivo do Reino de Galicia
Documento 2: Colección de documentos en pergamiño. María Yáñez vende a Juan Suárez de Escañoi a herdade que posúe en Escañoi por vinte soldos. 1287, xuño, 21. 1 doc. en perg. , 75 x 126 mm. Galego, Letra de albalaes. Sign. P- 520

 

No ano en que o Día das Letras Galegas se dedica ao poeta Manuel María, o Arquivo do Reino de Galicia, que non custodia ningún poema ou documento do poeta chairego, quere contribuír, con esta pequena exposición virtual á difusión da lingua galega escrita.

Así, pretendemos amosar unha escolma de documentos en galego custodiados no arquivo, na que predominan os de carácter  xurídico (escrituras notariais ou testemuños de autos xudiciais). Pero presenta un matiz: a selección destaca polo carácter eminentemente feminino das persoas que figuran coma outorgantes deses testemuños escritos, autoras ou destinatarias doutros.

 

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn