Exposicións

Música en feminino. Exposición no Arquivo de Galicia

Arquivo de Galicia

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, un ano máis o Arquivo de Galicia seleccionou entre os seus fondos unha mostra de trinta documentos que, baixo o título Música en feminino, se centra na muller e a música, dende o ámbito cotidiano ata a súa participación como profesional (docente, intérprete, compositora)

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Xustiza e patrimonio: o caso do marqués de Valladares

Data de inicio: 16-11-2017 Data de fin: 28-02-2018 Arquivo do Reino de Galicia
Portada da exposición virtual Xustiza e patrimonio: o caso do marqués de Valladares

Con esta exposición, o Arquivo do Reino de Galicia súmase á iniciativa do Consello da Cultura Galega e doutros arquivos, bibliotecas e museos de Galicia para difundir o Día Internacional do Patrimonio Mundial, instituido pola UNESCO no ano 1972.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

A Química dos arquivos. A tinta. Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento 2017

Data de inicio: 09-11-2017 Data de fin: 28-02-2018 Arquivo do Reino de Galicia
Arquivo do Reino de Galicia. Composición alusiva á exposición virtual

Con motivo da celebración do Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, o Arquivo do Reino de Galicia ofrece unha breve exposición virtual. Con ela, preténdese destacar un elemento esencial na produción dos textos escritos ata a aparición do documento electrónico: a tinta.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

EXPOSICIÓN "PAISAXE E PATRIMONIO"

Data de inicio: 20-12-2016 Data de fin: 20-03-2017 Arquivo de Galicia

 

 

O Arquivo de Galicia organiza esta exposición, dentro do seu programa de difusión, para poñer o acento en que a paisaxe é, como os arquivos, un patrimonio a preservar.
 

A crecente preocupación pola paisaxe, quedou posta de relevo de forma especial a partir do ano 2000 en que se asina en Florencia o Convenio Europeo da Paisaxe, ratificado por España no ano 2007 e que é o xermolo da Lei 7/2008 de 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia. Por outra parte temos a recente aprobación do Catálogo das paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, de 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia).

 

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn