Exposicións

O arquivo de Galicia. O noso patrimonio

Data de inicio: 09-01-2014 Data de fin: 10-03-2014 Arquivo de Galicia

No ano 2014 inauguramos unha exposición na que, baixo o título O Arquivo de Galicia, o noso Patrimonio, amosabamos un conxunto de documentos para chamar a atención do público en xeral sobre a importancia dos arquivos e para dar a coñecer as funcións a eles encomendadas.

Na seguinte páxina podedes facer de novo o percorrido desta exposición.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O ronsel dun sabio: 250 aniversario do pasamento do O. Feijóo

Data de inicio: 26-09-2014 Data de fin: 15-12-2014 Arquivo de Galicia

 

O día 26 de setembro conmemoramos o aniversario da morte do Padre Feijóo e, con este motivo, o Arquivo de Galicia e a Biblioteca de Galicia colaboraron na organización dunha mostra sque ten como obxectivo
amosar os fondos bibliográficos e documentais custodiados nas nosas bibliotecas e arquivos que teñen relación co Padre Feijóo. Con este fin exhibimos reproducións e orixinais de oito documentos e vinte e nove libros nos que este erudito ourensán é protagonista directo (gravados co seu retrato e da súa casa natal, notas sobre a súa vida ou exemplares da súa extensa e diversa obra) ou ben indirecto (polémicas e debates reflectidos nas obras dos seus detractores e defensores, antoloxías das súas creacións científicas e literarias ou a personaxe como fonte de inspiración)

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Patrimonio documentado: a protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos

Data de inicio: 07-06-2013 Data de fin: 07-10-2013 Arquivo de Galicia

A maior parte da xente tende a identificar o patrimonio cultural con grandes monumentos. Edificios que constitúen a parte máis evidente da herdanza que recibimos das xeracións que nos precederon, e que quizá por iso posúen de seu un valor simbólico moi notable. Pero o patrimonio cultural é moito máis amplo. Ao carón deste patrimonio visible, ou máis ben no seu interior, existe outro invisible, pero non por iso menos valioso ou revestido de simbolismo: o patrimonio documental, os arquivos.

Esta exposición proponse como primeiro obxectivo achegar un pouco de luz sobre estes esquecidos testemuños. Non só para amosalos como obxectos de veneración ou de desexo, ou para reconstruír un pasado máis ou menos glorioso, senón máis ben para intentar comprender como e por que a sociedade os produce no presente e, sobre todo, cal é a utilidade directa que posúen. Para atinxir isto, nada mellor que amosar algo tan obvio como as relacións que se establecen entre estes e aqueles bens culturais, entre os documentos e os monumentos.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Día Internacional da Muller 2017. Conflitividade laboral feminina na provincia da Coruña. 1938-1945

Arquivo do Reino de Galicia
Día Internacional da Muller 2017. Conflitividade laboral feminina na provincia da Coruña. 1938-1945

O 8 de marzo celébrase en moitos países o Día Internacional da Muller, instaurado
pola ONU en 1975, que reivindica tanto a igualdade para a muller traballadora como o
seu papel na sociedade. E dentro desa igualdade figura tamén a demanda da igualdade
salarial no mercado laboral para homes e mulleres.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn