Exposicións

Mulleres sobranceiras: Olga Gallego Domínguez. Exposición temporal no Arquivo de Galicia, do 7 de marzo ao 4 de maio.

Data de inicio: 07-03-2016 Data de fin: 04-05-2016 Arquivo de Galicia

Con esta pequena mostra o Arquivo de Galicia pretende inaugurar unha serie de homenaxes dedicados ás mulleres galegas. A relevancia da figura de Olga Gallego na Arquivística española, a súa preocupación polo desenvolvemento do sistema arquivístico e a conservación do patrimonio galego así como a doazón que a súa irmá e única herdeira fixo do seu arquivo persoal ao Arquivo de Galicia no ano 2011, fana merecedora da primeira exposición da serie.

Procedentes, fundamentalmente do seu arquivo persoal, os documentos da mostra abordarán as múltiples facetas da súa vida: gran profesional dos arquivos, mestra de varias xeracións de arquiveiros; historiadora preocupada polo patrimonio e a historia da cultura (o libro e as bibliotecas, a lingua e a literatura, a arte, o urbanismo, a arqueoloxía, a museoloxía…); colaboradora activa con institucións como a Fundación Penzol, a Fundación Otero Pedrayo, o Grupo Marcelo Macías ou Anabad Galicia; membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Galega.

A súa preocupación constante por múltiples aspectos relacionados coa historia económica, social e administrativa de Galicia en xeral e da súa cidade, Ourense, en particular, as decenas de publicacións froito dos seus estudos e o seu espírito xeneroso a fixeron merecedora de distincións como o Lazo da Orde de Alfonso X o Sabio (1969), a Medalla de Anabad (1999), a Medalla de Prata de Galicia da Xunta de Galicia (2000), a Medalla Castelao (2006) ou o Premio Trasalba, da Fundación Otero Pedrayo (2008).

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Exposición Mulleres sobranceiras: María Moreira

Data de inicio: 08-03-2017 Data de fin: 17-04-2017 Arquivo de Galicia

 

O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Arquivo de Galicia inaugura unha mostra co título “Mulleres sobranceiras: María Moreira”. A serie de mostras Mulleres sobranceiras, na que cada ano queremos visibilizar as contribucións de mulleres pertencentes a diversos sectores profesionais, nesta ocasión está dedicada a María Moreira, deseñadora que ocupou un papel relevante no despegue do sector téxtil galego na década dos anos 80.

 

Tamén difundimos con ela a doazón do seu arquivo ao Arquivo de Galicia, o que permitirá aos investigadores e a cidadanía achegarse ao proceso de creación dun sector convertido en marca de identidade para Galicia. A mostra consta de seis vitrinas con documentos que informan sobre aspectos da súa vida e a súa traxectoria profesional, sobre proceso de creación e os desfiles nos que participou, especialmente a pasarela Cibeles. En total foron seleccionadas 55 pezas (fundamentalmente fotografías, bocexos, ou correspondencia). A mostra permanecerá no espazo central da Biblioteca e Arquivo de Galicia entre os días 8 de marzo e 17 de abril.

 

Para ver o enlace á exposición virtual, premer en "Ler máis".

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O arquivo de Galicia. O noso patrimonio

Data de inicio: 09-01-2014 Data de fin: 10-03-2014 Arquivo de Galicia

No ano 2014 inauguramos unha exposición na que, baixo o título O Arquivo de Galicia, o noso Patrimonio, amosabamos un conxunto de documentos para chamar a atención do público en xeral sobre a importancia dos arquivos e para dar a coñecer as funcións a eles encomendadas.

Na seguinte páxina podedes facer de novo o percorrido desta exposición.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

O ronsel dun sabio: 250 aniversario do pasamento do O. Feijóo

Data de inicio: 26-09-2014 Data de fin: 15-12-2014 Arquivo de Galicia

 

O día 26 de setembro conmemoramos o aniversario da morte do Padre Feijóo e, con este motivo, o Arquivo de Galicia e a Biblioteca de Galicia colaboraron na organización dunha mostra sque ten como obxectivo
amosar os fondos bibliográficos e documentais custodiados nas nosas bibliotecas e arquivos que teñen relación co Padre Feijóo. Con este fin exhibimos reproducións e orixinais de oito documentos e vinte e nove libros nos que este erudito ourensán é protagonista directo (gravados co seu retrato e da súa casa natal, notas sobre a súa vida ou exemplares da súa extensa e diversa obra) ou ben indirecto (polémicas e debates reflectidos nas obras dos seus detractores e defensores, antoloxías das súas creacións científicas e literarias ou a personaxe como fonte de inspiración)

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn