Exposicións

Instantes do mundo. Cartografía antiga de Galicia

Data de inicio: 06-10-2008 Data de fin: 05-12-2008 Arquivo do Reino de Galicia

A mostra fai un percorrido polas diferentes representacións cartográficas da Comunidade Galega dende o século XVI ata o XX. Exponse parte dos 210 mapas que forman unha das mellores coleccións cartográficas sobre Galicia que existen, a Colección Martínez-Barbeito, que foi adquirida pola Xunta de Galicia hai vinte anos e que está depositada no Arquivo do Reino de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Josep Renau. Arte e propaganda en guerra

Data de inicio: 23-07-2009 Data de fin: 27-09-2009 Arquivo do Reino de Galicia

Percorrido pola obra de Josep Renau como cartelista e propagandista. A mostra estructúrase en dous apartados: unha primeira parte centrada na súa etapa á fronte da Dirección General de Bellas Artes (setembro de 1936 a abril de 1938) e as actuacións artístico-culturais que se levaron a cabo nas tres capitais da República nese tempo (Madrid-Valencia-Barcelona), relativas á salvagarda, fomento e difusión do patrimonio artístico-cultural; e outra dedicada ao Pavillón de España na Exposición de Paris de 1937. Neste pavillón Renau desempeñou un labor fundamental, tanto polo que se refire a súa montaxe como nos esforzos cara a conseguir a implicación e participación de artistas españois, entre os que destaca a presentación do cadro de Gernika por Pablo Picasso.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn