Publicacións

Nº 49. Os arquivos de empresa (II): Hijos de Simeón García y Cía

Dúas cartas comerciais procedentes do fondo da Sociedade Mercantil Hijos de Simeón García y Cía de Orense permíten apreciar o valor deste arquivo para coñecer o papel que desempeñaron os almacenistas-banqueiros no desenvolvemento económico da Galicia da segunda metade do século XIX e primeira metade do XX.
 
Simeón García foi o caso máis exitoso deste tipo de empresarios establecidos nas cidades galegas dende mediados do século XIX e o fondo da sociedade radicada en Ourense é un valioso testemuño para o estudo da actividade empresarial desenvolvida nesta provincia.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 48. Os arquivos de empresa (I)

Na primeira entrega dos números dedicados aos arquivos de empresa ofrecemos unha panorámica xeral dos fondos deste tipo conservados no AHPOu que nos dan testemuño de actividades comerciais, financeiras, industriais e tipográficas. Ilustran algúns aspectos do desenvolvemento económico da provincia durante os séculos XIX e XX, caracterizado por unha débil e tardía incorporación á economía capitalista. Trátase dun grupo de fondos de especial valor se se ten en conta a súa escaseza nos arquivos históricos.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 47. Os arquivos das institucións penitenciarias (IV): a Prisión Central de Celanova

Este número contén outra entrega de fondos de institucións penitenciarias, neste caso dedicado á Prisión Central de Celanova. Pensada fundamentalmente para recluír presos políticos, a este centro chegaron reclusos de toda España, en particular do Norte da península con predominio dos asturianos. Un plano que reflicte como se acondicionou para este fin o edificio do antigo mosteiro de San Salvador de Celanova sérvenos para coñecer o funcionamento deste tipo de centros de reclusión.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Publicación

Arquivo Territorial da Xunta en Pontevedra

Resumo

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn