Publicacións

Nº 46. Os arquivos das institucións penitenciarias (III): o Destacamento Penal das Minas de Casaio

Entre a documentación de prisións do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, consérvase a do Destacamento Penal das Minas de Casaio, unha dependencia penitenciaria operativa entre novembro de 1942 e inicios de xullo de 1944 dedicada á extracción dun mineral tan importante para a industria bélica como o volframio. A partir dela podemos achegarnos ás actividades e réxime penitenciario deste tipo de establecementos nos que unha parte da poboación reclusa redimía as súas penas a través do traballo en explotacións mineiras.
 
No contexto da II Guerra Mundial (1940-1945), a participación directa da Alemania de Hitler na explotación desta mina de volframio a través da empresa SOFINDUS, así como o mercado negro organizado no entorno daquela para subministrar o mineral ao bando aliado, dotan a esta documentación resonancias tan novelescas como turbias.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 45. Os arquivos das institucións penitenciarias (II): o fondo da Prisión Provincial de Ourense

Durante a maior parte dos séculos XIX e XIX as prisións provinciais tiveron como finalidade custodiar os presos preventivos en tanto non se tramitaba o sumario e se emitía sentenza. Tamén fixeron as veces de prisión de partido no termo do partido xudicial da localidade na que se situaban e, ademais, tiñan función de prisión correccional para o cumprimento de penas de arresto maior.
 
O fondo da Prisión Provincial, que inclúe tamén a documentación procedente das prisións de partido, contén un inmenso caudal informativo que permite acometer moi variados temas de estudo dende innumerables perspectivas. Entre eles, seguramente sexa a análise da poboación reclusa a que ofreza maior diversidade puntos de vista que poden ir enfocarse dende a criminoloxía, a socioloxía, a antropoloxía ou a historia, entre outros.
 
Para descargar o PDF, pinchar en Ler máis
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Nº 44. Os arquivos das institucións penitenciarias (I)

As prisións son establecementos destinados á custodia, reeducación e reinserción social de individuos afectados por penas privativas de liberdade, pero tamén centros administrativos que no exercicio de todas ou algunha desas funcións xeraron unha abundante documentación.
 
Neste número de Fronda faise un primeiro achegamento a eses organismos sociais integrados por poboación reclusa e funcionarios, para ofrecer unha visión xeral da rede carceraria da provincia de Ourense durante os séculos XIX e XX; un conxunto de establecementos penitenciarios que xeraron un grupo de fondos documentais de gran interese informativo.
 
 
Para descargar o PDF pinchar en Ler máis.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Patrimonio documentado: a protección e a intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. Volume II: Artigos.

Data de publicación: 08-08-2013 Arquivo de Galicia AutorArquivo de Galicia ISBN978-84-453-5093-5 (Obra completa).Volume II: 978-84-453-5095-9 Prezo16 € (os dous volumes). Véndense de forma conxunta Depósito legalC 1273-2013 EditorialXunta de Galicia Ano de publicación2013