Publicacións

FRONDA nº 41. Os arquivos das institucións benéfico-asistenciais (I)

Con este número abrimos unha nova liña temática dedicada aos fondos das institucións benéfico-asistenciais que se conservan no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. O libro de actas do ano 1858 da Xunta Provincial de Beneficencia sérvenos para facer un primeiro achegamento aos mesmos, así como para repasar a evolución da asistencia social e sanitaria desde o prisma da caridade cristiá, pasando pola beneficencia pública ata chegar a actual concepción de dereito social universal.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

FRONDA nº 40. A documentación notarial (V): 150 anos da Lei do Notariado de 1862

Continuando a serie dedicada aos arquivos notariais, conmemoramos o 150 aniversario da promulgación da Lei do Notariado de 1862 a traveso dun protocolo do ano seguinte. Esta norma significou a adaptación da antiga institución notarial ao novo marco xurídico e administrativo establecido polo Estado liberal. Tamén contribuíu a mellorar a custodia dos protocolos notariais, razón pola cal estes fondos constitúen na actualidade unha das masas documentais máis voluminosas e mellor conservadas do noso patrimonio documental e tamén unha das máis consultadas nos arquivos históricos provinciais.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

FRONDA nº 39. Bicentenario da Constitución de 1812

En marzo de 2012 cumpríronse 200 anos da proclamación da Constitución de 1812, fito co que culminou o proceso de ruptura política desencadeado en España pola ocupación francesa do ano 1808, e que tamén significou o inicio dun longo e tortuoso camiño dirixido a implantar en España un réxime parlamentario baseado nos principios do liberalismo. No número 39 de Fronda, o libro de acordos do ano 1812 do Concello de Ourense trasládanos a aquel duro ano de guerra e fame no que, non obstante, se festexou a proclamación da primeira constitución española.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

FRONDA nº 38. Os arquivos municipais (V): as ordenanzas

Volvemos aos arquivos municipais a traveso das ordenanzas xerais da cidade de Ourense do ano 1562. As ordenanzas son unha tipoloxía normativa e documental que os concellos veñen emitindo dende a Idade Media para regular os asuntos nos que foron ou son competentes. Na medida en que regularon as máis diversas actividades da vida urbana, son unha fonte excepcional para o coñecemento das sociedades das vilas e cidades do pasado.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn