Publicacións

FRONDA Nº 34: Os arquivos municipais (III) na Idade Moderna: os libros de acordos en época moderna

1720. Ourense
Cubertas do libro acordos do Concello de Ourense correspondente ao ano 1720.
Orixinal; pergameo; escritura gótica; castelán; 225 x 320 mm.
AHPOu. Concello de Ourense, Libro 73.

 

Os libros de acordos non só dan conta da organización e funcionamento do concello e, en xeral, do mundo urbano, senón que ademais permiten coñecer a perspectiva coa que se percibían nunha pequena cidade periférica, como Ourense, asuntos que afectaban a espazos que rebordaban amplamente o ámbito local. Neste sentido, o papel dos concellos das cidades como resortes administrativos da política fiscal e militar da Coroa (recadación de impostos e levas de soldados, aloxamento e tránsito de tropas, fortificación das prazas fronteirizas con Portugal ...) achegan datos sobre a contribución de toda a provincia de Ourense a asuntos de ámbito estatal e internacional.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

FRONDA nº 33. Os arquivos municipais (II) na Idade Media: libros de acordos baixomedievais

1433. Ourense
Libro de notas do Concello de Ourense do ano 1433.
Inserido en: “Libro de acuerdos de los años de 1432 asta 37
Orixinal; papel; escritura gótica cortesá; galego; 180 x 245 mm.
AHPOu.Concello de Ourense, Libro 1, fols. 30 v. e 62 v.
 

Os libros de notas baixomedievais, conservados no Concello dende o ano 1432, poden considerarse o xermolo dunha serie documental que recibiu aquel nome durante a Idade Moderna e que na actualidade se coñecen como libros de actas municipais. A pesar do escaso parecido destes últimos cos libros de notas, uns e outros foron redactados coa mesma finalidade: deixar constancia escrita dos acordos adoptados pola corporación municipal.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

FRONDA nº32. Os arquivos municipais (I)

  1835, outubro, 5. Ourense
Acta da xura da nova corporación municipal de 1835.
Libro de acordos do Concello de Ourense de 1835
Papel, escritura humanística; castelán; 205 x 310 mm.
AHPOu, Concello de Ourense, Libro 151, fol 56 r.
 

O libro de acordos máis antigo do Concello de Ourense data de 1432. A pesar dos cambios experimentados por esta tipoloxía documental dende aquela data, pode dicirse que é continuada polos actuais libros de actas municipais. Teriamos, polo tanto, unha longa serie con 580 anos, unha das máis antigas e completas da Penín-sula Ibérica. Dende a Idade Moderna as actas presentan unha estrutura interna que se vai manter ata a actualidade: data e lugar de celebración da sesión, nome dos asistentes, asuntos tratados e sinatura dos asistentes, entre elas a do escribán (secretario municipal desde o século XIX) que dá fe pública da autenticidade do contido de cada acta.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

FRONDA nº 31. Heráldica e certificacións de armas

 
 
1583, xaneiro, 25. Madrid
Certificación das armas e apelidos da liñaxe dos Méndez expedido por Juan de España, rei de armas da Súa Maxestade, a pedimento de Alonso Méndez Montoto.
Pergameo. 205 x 310 mm. fol 14-15.
Inserto en “Papeles de la ydalguia de Francisco Méndez y de su hijo Alonso Méndez...” (1507-1614). 60 fol. B
AHPOu. Ayuntamiento de Orense. Libro 255.
 
 
 
 
A partir desta certificación de armas, neste número de Fronda realízase un percorrido por algunhas das representacións heráldicas que poden atoparse nos documentos de arquivo, e dedícanse unhas liñas á xénese e desenvolvemento da Heráldica. As representacións heráldicas acadan especial vistosidade nos documentos da nobreza, un grupo social que durante a Idade Moderna se apropiou do uso deste código simbólico para convertelo nun dos signos externos que, reflectindo os seus ideais cabaleirescos, os diferenciaba dos non privivilexiados. Por iso, nos arquivos da fidalguía o escudo familiar adoita aparecer en documentos como executorias de fidalguía, libros tombos, xenealoxías, etc., xunto aos propiamente heráldicos como as certificacións de armas

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn