Trámites

CT 115A. Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia

O obxecto deste procedemento é regular as doazóns de bens do patrimonio documental a un arquivo dependente da Xunta de Galicia.

Os beneficiarios, persoas físicas ou xurídicas titulares de bens do patrimonio histórico e/ou documental poden presentar a correspondente solicitude na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do director do centro.

Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Procedemento CT115A

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

CT116A. Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión

Obxecto:

Autorizar a reprodución de documentos dos arquivos de xestión autonómica para a súa publicación e/ou difusión

Requisitos:

- Presentar a solicitude de autorización, ben no arquivo, ben a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Procedemento CT116A

- Aboar o pagamento das taxas correspondentes.

Cando a reprodución de fondos poida xerarlle beneficios económicos ao interesado, esixirase ademáis a sinatura dun convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que se fixarán as condicións xerais da reprodución.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn