Actualidade
Mestra

Mestra
Se a vida dos mestres nas escolas rurais foi moi dura ata moi avanzado o século XX, polas deficientes infraestruturas coas que contaban (incluídas as súas vivendas) e os miserentos soldos que cobraban, a das mestras érao aínda un grao máis. Moitas delas tiveron que loitar coa incomprensión e co machismo dun entorno social non especialmente sensible co seu traballo e coas dificultades ás que se tiñan que enfrontar. O acoso e os “escraches” a mulleres que en ocasións vivían soas non debían ser infrecuentes.
Roubo

Dous breves documentos, os únicos que constan no proceso, e unhas notas sobre os roubos perpetrados por un tal Juan Carril, permítennos coñecer detalles do paso do exército francés por Vimianzo (A Coruña) durante a Guerra da Independencia.
Merceiro

O 8 de maio de 1776, Francisco Mangudo Yáñez, comerciante de Medina de Rioseco, presentouse na feira de Escairón (O Saviñao, Lugo) e pediu o secuestro de todos o xéneros que tiña no seu posto José Rubinos, mercader de Monforte, por unha débeda de máis de seis mil reás que tiña con el.
O preito sobre esta e outras débedas de Rubinos que se iniciou daquela remataría dous anos despois, pero a execución demoraríase ata o ano 1791.