Actualidade
Día do Patrimonio Mundial 2020. Coñecer, valorar, protexer

O próximo luns 16 de novembro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Mundial. Nos arquivos traballamos para conservar, protexer e difundir o patrimonio documental, no que se reflicte a memoria colectiva dos pobos. O Arquivo de Galicia adhírese ao compromiso de velar pola protección desta valiosa fonte de coñecemento da nosa diversidade cultural e social.
Entre os días 16 e 20 de novembro, o Arquivo de Galicia presentará unha mostra de documentos producidos por diversas institucións que ao longo do século XX traballaron pola defensa do Patrimonio inmoble dos pobos e vilas de Galicia.
#Diadopatrimonio
Mulleres e patrimonio documental: o proceso

#Díadopatrimonio
Continuamos coa historia de Concepción Miranda, condesa viúva de Torre Penela.
En realidade, a posición da condesa viúva da Torre Penela non era tan feble como pode supoñerse. Era muller, si, pero aristócrata e viúva, dúas circunstancias que tiñan grande importancia na sociedade de fins do século XVIII e comezos do XIX.
Mulleres e patrimonio documental

#Díadopatrimonio
O Arquivo do Reino de Galicia únese á iniciativa do Consello da Cultura de Galicia para visibilizar o traballo das institucións da memoria con motivo do Día do Patrimonio Mundial 2020 (16 de novembro).