Actualidade
Carral

Carral está asociado ao episodio final do levantamento ou pronunciamento do coronel Solís no ano 1846 contra o goberno conservador de Narváez. Alí foi fusilado o coronel e 11 compañeiros máis e hoxe érguese un monumento na súa memoria.
Mestra

Mestra
Se a vida dos mestres nas escolas rurais foi moi dura ata moi avanzado o século XX, polas deficientes infraestruturas coas que contaban (incluídas as súas vivendas) e os miserentos soldos que cobraban, a das mestras érao aínda un grao máis. Moitas delas tiveron que loitar coa incomprensión e co machismo dun entorno social non especialmente sensible co seu traballo e coas dificultades ás que se tiñan que enfrontar. O acoso e os “escraches” a mulleres que en ocasións vivían soas non debían ser infrecuentes.
Roubo

Dous breves documentos, os únicos que constan no proceso, e unhas notas sobre os roubos perpetrados por un tal Juan Carril, permítennos coñecer detalles do paso do exército francés por Vimianzo (A Coruña) durante a Guerra da Independencia.