Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do XVIII. 08. A diversión. 01. Completa a transcrición

Arquivo do Reino de Galicia. Alcaldía Maior de Ferrol e a Graña. O nobre oficio da xustiza de Ferrol contra María Rosa Blanco, Pedro Espinabet e outros, sobre xogo de naipes. 1798. Sign.: 5067-64
20 Mai 2022 - 20 Ago 2022

Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do XVIII. 08. A diversión. 01. Completa a transcrición

Outras actividades

Achegamos unha nova entrega sobre a vida en Galicia no século XVIII; esta vez imos ver como se divertían as xentes daquel momento. Para ilustrar o tema contamos cunha causa da Alcaldía Maior de Ferrol e da Graña sobre xogo de naipes, de 1798.

 

A primeira actividade que vos propoñemos, como ven sendo habitual, é completar a transcrición, enchendo os ocos, do devandito documento. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.

 

O venres 27 de maio publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.