Axudas en materia de arquivos. Convocatoria 2023

Axudas en materia de arquivos. Convocatoria 2023
26 Dic 2022
30 Ene 2023

Axudas en materia de arquivos. Convocatoria 2023

Entidades beneficiarias

Entes locais e entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Obxecto

O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos (código de procedemento CT130A).

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

 

Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento corenta e cinco mil euros (145.000 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

                   10.04.432A.760.0: 110.000 €

                   10.04.432A.781.0:   35.000 €

Descargas