
SEMANA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS
Con motivo da celebración da Semana Internacional dos Arquivos do 5 ao 9 de xuño, o Arquivo de Galicia ten programadas entre as súas actividades unhas xornadas de portas abertas que inclúe unha visita as instalacións do arquivo e a exposición. En horario de 9 a 14 horas, terá unha duración aproximada de unha hora e require inscrición previa a través do correo electrónico do arquivo arquivogalicia.cultura@xunta.es.
Así mesmo, o venres día 9 as 11:00 horas terá lugar a inauguración da exposición "De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia". Con esta exposición pretendemos achegarnos ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.
Esperamos que ambas actividades sexan do voso interese e, xa sabedes, estades todos convidados. Contamos con vós.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela.