A adopción do sistema métrico decimal

sistema métrico decimal

A adopción do sistema métrico decimal

Autoría
Sen datos

Nos distintos pobos de Europa existía desde a idade media unha gran dispersión de unidades de medida, o que supuña un lastre para o desenvolvemento do comercio. Ao longo de tempo xurdiron varias iniciativas para crear un método uniforme, mais o punto de partida definitivo será en 1791 cando a Asemblea Nacional Francesa adopte o sistema métrico decimal.
En España no ano 1849 Isabel II sancionou a Lei de Pesos e Medidas baseado no establecido en Francia. O seu obxectivo era pór fin a extrema disparidade existente, pois os mesmos nomes de unidades como a vara, a arroba ou a fanega tiñan variacións notables entre comarcas e incluso entre cidades próximas. Mais a súa implantación será lenta pois en áreas rurais como as galegas, con poucas transaccións comerciais fora do seu entorno xeográfico, seguiron usando o sistema herdado dos seus antepasados. Isto explica a necesidade da publicación de cadros expositivos como o que hoxe presentamos ben entrado xa o século XX.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da familia Vilariño-Pintos.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2021
Editorial
Sen datos
Data de creación
16-12-2021