As bonecas recortables

recortables

As bonecas recortables

Autoría
Sen datos
A súa historia remóntase ao século XIX onde aparecen en Alemaña e Inglaterra mentres que é difícil determinar a súa chegada a España que se supón a principios do século XX. O seu éxito foi notable pois ademais de ser un xoguete barato permitía traballar a psicomotricidade fina.
Ramón Bustelo, patriarca da familia Bengoechea de Ribadeo, era un home moi preocupado pola educación da súa familia. Na biblioteca persoal tiña moitos libros adicados á infancia e no seu arquivo consérvanse cadernos de estudos dos seus fillos e netos. Tal é o caso que hoxe presentamos onde atopamos no interior do caderno de ciencias da súa neta Ana María Calvo-Sotelo (irmá do futuro presidente Leopoldo Calvo-Sotelo) un bo número destas bonecas recortables tanto mercadas como feitas por ela mesma.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Casa de Banca e Comercio Bengoechea. GP 151-08
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
11-01-2022