Deseño de latas de conserva

Lata sardiñas Massó

Deseño de latas de conserva

Autoría
Sen datos

Desde que no ano 1810 o inventor inglés Peter Durand patentara a primeira lata de conserva, moito evolucionaron tanto as súas técnicas de fabricación como o seu deseño. O seu éxito estivo garantizado desde o primeiro momento grazas ao incremento da poboación urbana que vai provocar unha demanda de comida barata, variada e de boa calidade que puidera almacenarse nos fogares e evitara facer a compra diaria. Se os países anglosaxóns e centroeuropeos especializáronse no envasado de carne, Francia, Portugal e España destacaron no ámbito dos produtos do mar. En Galicia desde mediados do século XIX, ante a escasez de sardiña en Francia e Cataluña, desenvólvese unha industria conserveira que acadará fama mundial comercializando os seus productos nos países máis desenvolvidos. Para competir nestes mercados no so facía falta un bo produto senón que era necesario mellorar o seu deseño para facelas atrativas ao consumidor. Boa proba disto os deseños da antiga conserveira Massó.

Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da fábrica de conservas Massó Hermanos, S.A.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Ano de publicación
2021
Editorial
Sen datos