Eleccións no Centro Galego da Habana

Centro Galego da Habana

Eleccións no Centro Galego da Habana

Autoría
Sen datos
Fundada en 1879 co obxectivo de construír un centro de instrución e lecer para beneficio dos naturais e descendentes de galegos, atopámonos dez anos despois cunha nova elección da súa xunta directiva. Nela encontramos a emigrantes tan ilustres como José Ruibal Nieto, quen encabezou o centro durante a década dos oitenta (este persoeiro tivo un final tráxico pois curiosamente suicidouse nas instalacións do arquivo do Banco Español da Habana); Fidel Villasuso Espiñeira, organizador da labor sanitaria da institución; ou Waldo Álvarez Insua fundador do xornal El Eco de Galicia, célebre pola defensa dos labregos galegos que chegaban a illa e tiñan condicións de traballo de case escravitude como ben vimos noutras entradas.
Os vínculos do centro coa terra natal, Galicia, foron moi estreitos e a comunicación coa Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago continua, unidos como estaban pola defensa dos galegos nas dúas beiras do Atlántico.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da RSEAPS. GP 520/561.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
07-07-2022