
A Exposición Rexional Galega de 1909
Autoría
Sen datos
Na segunda metade do século XIX cobran protagonismo a celebración de certames e exposicións para acercar os avances científicos e tecnolóxicos á sociedade. Aínda que concibida como unha exposición rexional e non universal, a de Santiago de 1909 foi todo un éxito pois sería visitada por máis de 50.000 persoas (o dobre da población da cidade) e supuxo grandes avances para a comercialización do sector agropecuario galego.
Celebrada na Alameda, San Clemente e parte do espazo que hoxe ocupa o Campus Sur, o aporte económico foi feito pola numerosa emigración galega, ademais do pulo dado polos importantes persoeiros galegos no mundo da política nacional, pois Eugenio Montero Ríos, Manuel García Prieto o Augusto González Besada formaban parte do goberno. Canalizando boa parte deste caudal e participando activamente na organización estaba a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago que recibiría como recompensa ao seu esforzo este diploma que hoxe presentamos.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da RSEAPS, GPL14.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
30-06-2022