A introdución do eucalipto en Galicia

eucalipto

A introdución do eucalipto en Galicia

Autoría
Sen datos
A crenza popular indica que o eucalipto chegou a Galicia grazas ao frade Rosendo Salvado que no 1846 enviou unhas sementes á súa familia en Tui desta árbore considerada a máis maxestosa de Oceanía, iniciándose un período de introdución en xardíns botánicos como árbores ornamentais. Mais a realidade nos di que ben pronto, no 1868, a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, xuntamente coa Deputación Provincial van importar sementes desta nova especie, “Eucalyptus Globulus”, para ensaiar a súa aclimatación na nosa terra. No expediente que conservamos no fondo da Real Sociedade nada se nos di do rendemento que esperaban desta árbore mais, coñecendo o interese da dita sociedade pola modernización da agricultura e a introdución de novas especies que melloraran as vidas das xentes do rural, dubidamos moito que fora polo seu uso ornamental. O uso madeireiro do eucalipto acababa de comezar.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da RSEAPS. G478/213.2
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
25-01-2022