Leccións de paisaxe

paisaxe

Leccións de paisaxe

Autoría
Sen datos

A escola de debuxo da Real Sociedade Económica do País de Santiago foi no 1834 un dos primeiros centros en crearse e nel tiña cabida, ademais do debuxo do corpo humano ou elementos ornamentais, o debuxo da paisaxe. Aínda que esta modalidade de debuxo requiría un contacto directo co exterior, os primeiros pasos formativos debían adquirirse na clase e, nun momento onde a fotografía estaba a dar os seus primeiros pasos, a necesidade de modelos cos que practicar suplíase coa compra de láminas. De feito a compra deste material era un dos principais gastos que tiña esta escola e como tal aparecen reflectidas con detalle nos inventarios dos efectos do centro.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). RSEAPS, PH13/03.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2021
Editorial
Sen datos
Data de creación
16-12-2021