A lei de cemiterios da Segunda Republica

cemiterios

A lei de cemiterios da Segunda Republica

Autoría
Sen datos
A constitución da Segunda República do ano 1931 estableceu un estado laico coa separación Igrexa-Estado. En materia de cemiterios promoveu a súa secularización pois sinalaba que estes se sometían aos concellos. Deste xeito a lei de 1932 sobre cemiterios decretaba que os municipais serían comúns a todos os cidadáns, con independencia da súa confesión, que as autoridades debían eliminar as tapias que separaban os cemiterios civís dos confesionais, e que os concellos poderían incautar os parroquiais cando presten servizo de cemiterio xeral. Porén un dos puntos mais polémicos estaba no artigo 4º que dispuña que os enterramentos non terán carácter relixioso algún salvo que o finado o establecera expresamente.
Neste contexto atopamos esta declaración de dona García de Andrés Villalba, atopada nos seus papeis persoais xunto co seu testamento, na que expresa a súa vontade de querer morrer como boa cristiá católica e seren enterrada coas cerimonias propias da dita igrexa.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Familia Vilariño Pintos. G12318/4.15.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
03-02-2022